Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DO BOLO

23 Xun 2020

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello do Bolo fai pública a convocatoria no BOP do 23 de xuño  para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2020, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía, con data 17 de xuño de 2020

- Un/ha xefa/e de brigada

- Un/ha pión- condutor/a

- Tres pións

Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

Duración: 3 meses.

Sistema de selección: concurso de méritos e entrevista.

Bases da convocatoria: oficinas municipais, www.obolo.es , http://www.obolo.sedelectronica.gal   

Lugar e prazo de presentación de instancias: rexistro xeral do concello do Bolo ou polas outras formas previstas na Lei do procedemento administrativo común no prazo de 3 días laborais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

Volver