Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

25 Out 2019

Son prazas para 3 xerocultoras/auxiliares de axuda a domicilio/centros, 1 cociñeiro e 1 persoal mantemento

O concello de Xunqueira de Ambía fai público no BOP do 25 de outubro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 22/10/2019.
1.- Número e denominación das prazas: 3 xerocultoras/auxiliares de axuda a domicilio/centros, 1 cociñeiro e 1 persoal mantemento.
2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado. A xornada laboral semanal será de luns a domingo e de 0.00 a 24.00 horas, respectando os descansos correspondentes.
3.- Duración do contrato: seis meses, a xornada completa, prevese a posibilidade de prorrogar este contrato por unha duración igual ou inferior á do actual. Os postos iranse cubrindo segundo as necesidades do servizo.
4.- Sistema de selección: concurso.
5.- Retribucións totais: o estipulado polo convenio aplicable.
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 6 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello.

Volver