Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBIA

30 Xun 2022

Son postos para a brigada contra lumes forestais

Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (exp. 239/2022).

- Número e denominación dos postos: 1 xefe/a, 1 peón condutor/ a e 3 pións da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Xunqueira de Ambía.

- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal na modalidade prevista na disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, a tempo completo.

- Duración do contrato: 3 meses.

- Sistema de selección: concurso.

- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es

- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía (praza San Rosendo, 1, 32670 Xunqueira de Ambía), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver