Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

27 Mai 2021

Son para 1 xefe/a, 1 pión condutor/ a e 3 pións da brigada forestal

O concello de Xunqueira de Ambía, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir cinco postos de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do 27 de maio o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 154/2021, convenio coa consellaría do Medio Rural).

Número e denominación dos postos: 1 xefe/a, 1 pión condutor/ a e 3 pións da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Xunqueira de Ambía

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo

Duración do contrato: 3 meses

Sistema de selección: concurso

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contadosdende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Xunqueira de Ambía (praza San Rosendo 1, 32670, Xunqueira de Ambía), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en Dereito

Volver