OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
Son contratos de tres meses de duración
O concello de Vilar de Santos publica no BOP do luns 27 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1. Número de prazas: 5 (Convenio de colaboración coa consellaría de Medio Rural)
4 pións de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais (3 pións de brigada e 1 pión condutor/a). 1 xefa/e de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
3. Xornada: completa
4. Sistema de selección: concurso de méritos
5. Duración do contrato: 3 meses.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:30 h.
7. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello www.vilardesantos.gal

