OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
Son prazas para pións e xefa/e de brigada
O concello de Vilar de Santos publica no BOP do 1 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1. Número de prazas: 5 (convenio de colaboración coa consellería de Medio Rural)
- 4 pións de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
- 1 xefe/a de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado
3. Xornada: completa
4. Sistema de selección: concurso de méritos
5. Duración do contrato: 3 meses
6. Prazo e lugar para presentar as solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h
7. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na web do concello:
www.vilardesantos.gal

