OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO
O sistema de elección será concurso de méritos
O concello de Viana do Bolo fai público no BOP do 5 de xuño que, mediante a resolución da alcaldía nº 2020 – 0343, do 29 de maio, apróbanse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso de méritos, ao abeiro do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade 2020. O obxecto da convocatoria é a selección de varias persoas como persoal laboral temporal do concello de Viana do Bolo, dacordo co seguinte detalle:
1. Posto de traballo: técnico/a de información turística; nº prazas: 1; duración: 3 meses. Retribucións brutas mensuais: 1.500,00 €.
2. Posto de traballo: auxiliar administrativo; nº prazas: 1; duración: 5 meses. Retribucións brutas mensuais: 1.400,00 €.
3. Posto de traballo: oficial de 1ª de albanelería; nº prazas: 1; duración: 5 meses. Retribucións brutas mensuais: 1.446,80 €.
4. Posto de traballo: peón; nº prazas: 2; duración: 5 meses. Retribucións brutas mensuais: 1.117,14 €.
As bases da convocatoria atópanse expostas ao público e a disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais situadas na rúa Constitución, nº 14 de Viana do Bolo, así como na sede electrónica deste concello [https://vianadobolo.sedelectronica.gal/info] e na páxina web www.vianadobolo.gal O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, contado dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

