Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE TOEN

18 Mai 2021

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello de Toen, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, fai público no BOP do 18 de maio o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 192/2021, convenio coa consellería do Medio Rural).
Número e denominación dos postos: 1 xefe/a, 1 pión condutor/a e 3 pións da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Toén
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo
Duración do contrato: 3 meses
Sistema de selección: concurso
Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica  municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do concello de Toén, dispoñible na sede electrónica no rexistro do concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 08.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro

Volver