Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE RIOS

15 Xun 2020

Son postos de xef@ de brigada, de pións e de pión condutor/a

A alcaldía do concello de Riós, mediante a resolución con data 08 de xuño de 2020, aprobou as seguintes bases e dalle publicidade no BOP do 15 de xuño:

1º.- Selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: un/ha xefe de brigada de prevención e extinción de incendios forestais, un/ha pión-condutor/a de prevención e extinción de incendios forestais e tres pións de prevención e extinción de incendios forestais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na páxina da súa sede electrónica: concelloderios.sedelectronica.gal

Volver