Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE RAMIRÁS

25 Xun 2021

Trátase dun concurso oposición

O concello de Ramirás fai pública no BOP do 25 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a “brigada de incendios”, para a provisión dos seguintes postos de traballo:
- 1 xefe/a de brigada
- 1 pión condutor/a
- 3 pións/peoas.
A alcaldía, mediante a resolución do 18 de xuño de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación laboral temporal do dito persoal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no concello e na web do concello de Ramirás.

Volver