Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

20 Xun 2022

Son postos para a brigada contra incendios forestais

Por resolución da alcaldía, do día 9 de xuño de 2022, aprobáronse as bases para a contratación dun/dunha capataz, un/unha pión/pioa condutor/a e tres pións/peoas de prevención e extinción de incendios para a formación da brigada de extinción de lumes forestais, ao abeiro do convenio coa consellería de Medio Rural e publícanse no BOP do 20 de xuño.

Xustificación da necesidade: prevención e extinción de incendios mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa, ao abeiro do convenio coa Consellería de Medio Rural para a formación da brigada de extinción de lumes.

Modalidade de contratación: contrato de duración determinada por circunstancias da produción

1. Xornada: completa.

2. Servizo: brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

3. Sistema de selección: concurso de méritos, proba práctica e proba física.

4. Duración do contrato: 3 meses.

5. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.30 h. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Rairiz de Veiga, situado nas oficinas municipais e na súa sede  electrónica: https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0  Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica do Concello de Rairiz de Veiga e no taboleiro de anuncios do consistorio.

Volver