Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR

17 Nov 2021

Proveeranse mediante concurso oposición

A Xunta de Goberno Local do concello de Pereiro de Aguiar, na sesión extraordinaria realizada o día 12 de novembro de 2021, aprobou as bases que rexerán a selección e provisión, mediante o sistema de concurso–oposición, de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de emprego/reserva para os anos 2022 – 2023, para as seguintes categorías profesionais, e que sae publicado no BOP do 17 de novembro:
• Operario de servizos varios
• Chofer de tractor rozadoira e doutros vehículos municipais
• Electricista (oficial 1ª)
• Monitor/a de ocio e tempo libre para o programa concilia
• Limpador/a de instalacións municipais”
As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no BOP.
O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver