Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE ENTRIMO

31 Dec 2021

Son prazas para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Entrimo fai pública no BOP do 31 de decembro a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:
1. Número e denominación das prazas: 5 auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo e 1 a media xornada, de luns a domingo, incluídos festivos
2. Modalidade de contratación: obra ou servizo determinado
3. Duración do contrato: 5 durante doce meses e 1 para cubrir vacacións
4. Sistema de selección: concurso de méritos
5. Retribucións totais: salario mínimo interprofesional
6. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro do Concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal: http://entrimo.sedelectronica.es

Volver