Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

14 Xun 2023

Son para xefa/e de brigada, pión/pioa conductora e forestais

O concello de Castrelo de Miño fai pública no BOP do 14 de xuño a convocatoria para a contratación laboral temporal de cinco traballadores/as: 1 xefe/a de brigada e 4 pións/pioas mediante o sistema de concurso

Unha vez aprobadas as Bases reguladoras da selección para a cobertura, con carácter laboral temporal, dos/as traballadores/as integrantes dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Castrelo de Miño, publícase resumida a convocatoria para coñecemento xeral:

1. Número e denominación do posto: un/unha xefe/a de brigada, un/unha pión/pioa condutor/a e tres pións/pioas forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato de duración determinada necesario para a execución de programas de carácter temporal financiados con fondos que proveñan da UE.
3. Sistema de selección: concurso.
4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello:
https://castrelo.sedelectronica.gal
5. Prazo e lugar de achega de solicitudes: cinco (5) días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Castrelo de Miño, en horario de 8.30 a 15.00 horas; na sede electrónica do concello ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Volver