Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BOBORÁS

23 Xun 2023

Formarán a brigada contra incendios forestais

A alcaldía do concello de Boborás publica no BOP do 23 de xuño, mediante a resolución do día 21 de xuño de 2023, aprobou as bases polas que se rexerá o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un/unha xefe/a de brigada, un peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas) por un período de tres meses.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público nas oficinas municipais, na sede electrónica do concello (boboras.sedelectronica.es) así como na páxina web (www.boboras.gal)

Volver