OFERTA DE CINCO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA MEZQUITA
Son para tractorista rozador, pión condutor/a de camión e tres pións de oficios varios
O concello da Mezquita fai pública a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: un/ha tractorista rozador, un/ha pión condutor/a de camión e tres pións de oficios varios para servizos públicos básicos.
A alcaldía, mediante a resolución con data 02/06/2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso - oposición para seleccionar e contratar temporalmente a:
Clase de persoal: laboral temporal
Prazas: un tractorista rozador, un/ha pión condutor/a de camión e tres pións oficios varios para servizos públicos básicos.
Modalidade: contrato laboral temporal por obra e servizo determinado con duración aproximada de 5 meses.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello da Mezquita, http://amezquita.sedelectronica.gal

