Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CINCO CONTRATOS TEMPORAIS NO CONCELLO DO PEREIRO

04 Xun 2021

As bases do proceso están na web do concello

O concello do Pereiro de Aguiar fai pública no BOP do 4 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo:

- (1) un xefe/a de brigada

- (1) un/ha pión condutor/a, con carné de conducir B

- (3) tres pións de brigada.

Mediante a resolución de alcaldía do 1 de xuño de 2021, aprobáronse as bases reguladoras ás que se axustará o concurso oposición para a selección e contratación temporal de 5 compoñentes da brigada de incendios forestais para o ano 2021. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello, de 8.30 a 15.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na web www.concellopereiro.com  

 

Volver