OFERTA DE CINCO CONTRATOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE PIÑOR
Son para Xefa/e de Brigada e Pioas/Pións
A alcaldía do concello de Piñor publica no BOP do 16 de xuño que, mediante a Resolución do día 13 de xuño de 2023, aprobou as bases ás que se axustará o concurso- oposición para seleccionar e contratar 5 persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un/unha xefe/a de brigada e catro pións/pioas) por un período de 3 meses.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na súa sede electrónica (https://pinor.sedelectronica.gal).