OFERTA DE CATRO PRAZAS PARA PIONS NO CONCELLO DE BALTAR
Son contratos de catro meses de duración
O concello de Baltar fai pública no BOP do 8 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 3/05/2023:
1. Número e denominación das prazas: 4 traballadoras/es para prestar o servizo como pións de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral no marco dos programas de activación para o emprego. (32,5 horas semanais).
3. Duración do contrato: catro meses
4. Sistema de selección: concurso oposición
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de tres días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal