Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE CATRO PRAZAS NO CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

05 Xul 2016

Son postos para conformar a brigada antiincendios

O concello de Baños de Molgas fai pública a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios 2016, (Convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural). Ofertan postos para 1 xef@ de brigada, 1 pión condutor e 3 pións. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración dos contratos é de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste edicto no BOP (5/7/16)

Volver