Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

10 Xul 2021

Son contratos temporais a xornada completa e tamén a media xornada

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 10 de xullo a convocatoria para a contratación laboral dun/unha auxiliar de axuda a domicilio durante tres meses a media xornada; un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante seis meses a media xornada; e dous/dúas auxiliares de axuda a domicilio durante seis meses a xornada completa, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía do 07/07/2021:
1.º Número, denominación, modalidade e duración das prazas: un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante tres meses a media xornada; un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante seis meses a media xornada; dous/dúas auxiliares de axuda a domicilio durante seis meses a xornada completa.
2.º Sistema de selección: concurso de méritos.
3.º Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP (se o último día for sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte), no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. Se presenta a solicitude noutro organismo oficial, deberá remitir unha copia dela ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es), o mesmo día en que a presente, debidamente selada polo organismo oficial.
4.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver