Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO POSTOS PARA PIÓNS FORESTAIS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

05 Xun 2019

Son contratos a xornada completa de tres meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 5 de xuño a convocatoria para a contratación laboral de catro pións forestais segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 22-05-2019.
1º.- Número e denominación das prazas: catro prazas de pións forestais.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: tres meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste Concello  (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia dela o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver