OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA
Son para pións de decota e monitor/a de tempo libre
O concello de Rairiz de Veiga fai público no BOP do 30 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo o decreto da alcaldesa con data 14.01.2020:
1) Pións de decotas:
Número de prazas: 3
Denominación do posto: pión decota.
Contrato laboral para formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
Xornada laboral: completa, 40 horas semanais, de luns a venres.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Duración do contrato: 3 meses.
Salario bruto mensual: 984,33 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 09.00 a 14.00 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info
2) Monitor/a de tempo libre:
Número de prazas: 1
Denominación do posto: C
Contrato laboral para formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
Xornada laboral: media, 20 horas semanais, de luns a venres.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Duración do contrato: 3 meses.
Salario bruto mensual: 492,17 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 09.00 a 14.00 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga
https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info

