Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CUALEDRO

17 Mar 2021

Son para albaneis oficiais de 1ª

O concello de Cualedro fai pública no BOP do 17 de marzo a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para catro albaneis oficiais de primeira. A alcaldía, mediante resolución do 15 de marzo de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a catro albaneis, oficiais de primeira a tempo completo durante 6 meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina https://cualedro.sedelectronica.es

Volver