OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS
Formarán unha brigada contra incendios forestais
O concello de San Cibrao das Viñas fai públicas no BOP do 22 de xuño as bases reguladoras da convocatoria mediante concurso-oposición para a contratación laboral temporal dun/ha xefa/e de brigada, un/ha pión condutor/a e dúas/dous pións ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e o concello de San Cibrao das Viñas para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2020 (cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020”).
Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

