Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

08 Mai 2021

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello de San Cibrao das Viñas fai públicas no BOP do 8 de maio as bases reguladoras da convocatoria mediante concurso-oposición para a contratación laboral temporal de 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a e 2 pións forestais ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o concello de San Cibrao das Viñas para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2021 (cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). O obxecto das presentes bases é regular a contratación laboral temporal dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de San Cibrao das Viñas, integrada por 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a e 2 pións, no marco do “Convenio de Colaboración subscrito entre a consellería do Medio Rural e o Concello de San Cibrao das Viñas para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais”

Se queres descarregar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver