Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE PORQUEIRA

10 Xun 2020

Formarán dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

Unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación de persoal no concello de Porqueira para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2020, publícase o resumo da convocatoria no BOP do 10 de xuño para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Convenio coa Xunta para a prevención y extinción de incendios forestais,  cofinanciado con fondos Feader).

1.- Número e denominación das prazas:

- Dúas/Dous traballador@s como xef@s de brigada de prevención edefensa contra incendios forestais.

- Dúas/Dous pións condutor@s das brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

- Seis pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

2.-Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo.

3.- Duración do contrato: 3 meses.

4.- Sistema de selección: concurso

5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ante a necesidade de contratación e o cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e a realización do servizo, cinco días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial de la Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9,00 a 14,30 horas (se o día no que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou un día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).

6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello.

7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios do concello.

Volver