OFERTA DE CATRO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CORTEGADA
Son para a brigada contra lumes forestais
O concello de Cortegada fai pública a convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2022 ao abeiro do convenio coa consellaría do Medio Rural, segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno, do 21 de xuño de 2022:
1. Número e denominación das prazas: 4 (1 xefa/e de brigada, 3 pións forestais, un deles coa condición de pión-condutor/a).
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.
3. Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección poderase obter nas oficinas municipais e na sede electrónica do concello.