OFERTA DE CATRO CONTRATOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ
Son postos para xefe/a de brigada, pión condutor/a e pións forestais
O concello de Paderne de Allariz fai público no BOP do 16 de xuño, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir catro postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (expediente 47/2020).
- Número e denominación dos postos: un/ha xefe/a de brigada, un/ha pión condutor/a e dúas/dous pións forestais da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Paderne de Allariz.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal porobra/servizo determinado a tempo completo.
- Duración do contrato: 3 meses.
- Sistema de selección: concurso.
- Bases da convocatoria: poderanse consultar no taboleiro de edictos e na web do concello http://padernedeallariz.sedelectronica.gal
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Paderne de Allariz (Rioseco, nº 7 32111 Paderne de Allariz), en horario de 9.00 h a 14.00 h, oupor calquera outro medio admitido en dereito

