Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO CONTRATOS TEMPORAIS DE PIÓNS NO CONCELLO DE BOBORÁS

12 Abr 2021

Son contratos a tempo parcial

Convocatoria do concello de Boborás feita pública no BOP do 12 de abril para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 07/04/2021:

1.- Número e denominación das prazas: 4 traballadores para prestar servizo como pións de servizos múltiples.

2- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (30 horas semanais).

3.- Duración do contrato: nove meses

4.- Sistema de selección: concurso-oposición

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, na páxina web (www.boboras.gal), e na sede electrónica (https://boboras.sedelectronica.gal).

Volver