Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE CATRO CONTRATOS PARA PIÓNS NO CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO

04 Mai 2021

Son contratos de tres meses de duración

Mediante resolución da alcaldía, con data 28 de abril de 2021, o concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 4 de maio o acordo de convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal que se indica:
a) Número e denominación das prazas: 4 peóns de servizos varios.
b) Modalidade da contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
c) Duración do contrato: 3 meses.
d) Sistema de selección: concurso-oposición.
e) Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro do Concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras.
f) O texto completo das bases reguladoras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e páxina web:
www.vilarinodeconso.es
g) As contratacións están financiadas a través do Programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio de 2021 da Deputación Provincial de Ourense.

Volver