Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 9 PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DE MANZANEDA

10 Mai 2017

Son postos laborais temporais

O concello de Manzaneda, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación temporal por concurso de postos de traballo, fai público o anuncio no BOP do 10 de maio. Trátase dos seguintes:
- Chofer tractor rozadora (1), contrato obra ou servizo a tempo completo e duración segundo subvención concedida.
- Chofer vehículo motobomba (3), contrato obra ou servizo a tempo completo e duración segundo subvención concedida.
- Brigada de incendios: (1) capataz brigada, (1) peón condutor brigada e (3) peóns brigada; contrato obra ou servizo a tempo completo e duración segundo subvención concedida. As solicitudes para tomar parte nestes procesos selectivos faranse mediante instancia dirixida ao alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas), ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (10/05/17). As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando o teléfono 988 33 30 43 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es.

Volver