Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 9 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BALTAR

03 Dec 2021

Son postos de auxiliares de axuda a domicilio

O concello de Baltar fai pública no BOP do 3 de decembro a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral
que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía no expediente 364/2021:

1. Número e denominación: 9 auxiliares de axuda a domicilio e creación dunha bolsa de emprego

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas semanais)

3. Duración do contrato: 1 ano (do 01/01/2022 ao 31/12/2022)

4. Sistema de selección: concurso-oposición

5. Retribucións brutas mensuais: 562,92 €/mes (incluídos PPPE)

6. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 3 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este
anuncio no BOP, no Rexistro do concello de Baltar, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

Volver