Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A CIG IMPUGNARÁ XUDICIALMENTE A OFERTA DE 8 POSTOS DE TRABALLO QUE REALIZA A EUROCIDADE CHAVES VERÍN

29 Xun 2017

Son postos en diferentes categorías, nos que unha entrevista persoal representa o 40% dos pontos

A Eurocidade Chaves-Verín publica na súa páxina web a oferta de 8 postos de traballo para a execución dos proxectos eurocidade 2020. Os postos son os seguintes:

- Xefe/a de gabinete de proxectos europeos (1 praza)

- Técnico/a xestión de proxectos europeos (1 praza)

- Técnico/a informático(1 praza)

- Administrativo/a (1 praza)

- Informador/a turístico/a A (4 prazas)

O método de selección

CV cos requisitos e méritos esixidos; entrevista persoal (castelán, portugués, inglés). 60% Entrevista + 40% CV.

O prazo limite de presentación das solicitudes

Será o 7 de xullo de 2017, 18h (GMT + 1) é a data límite de recepción das solicitudes.

Duración e tipo de contrato

Ata o 31 decembro de 2019, con posibilidade de prorroga, no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). Incorporación inmediata. Por obra e servizo determinado.

Forma de contacto

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes por correo electrónico a info@eurocidadechavesverin.eu ou por correo certificado a Eurocidade Chaves-Verín, AECT Antiga Aduana Española, Av. Portugal, SN. Feces de Abaixo, 32699 Verín (Ourense).

SE QUERES DESCARGAR AS BASES E ANEXOS ABRE OS PDF QUE ESTÁN DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver