OFERTA DE 8 PRAZAS DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE LOBIOS
Son contratos laborais temporais a xornada completa
O concello de Lobios fai pública a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 27/04/2018 para oito auxiliares de axuda no fogar. Serán contratos laborais temporais a xornada completa. A duración do contrato é de un ano. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. As retribucións totais serán de 1.001,05 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles contados dende o seguinte á publicación BOP (5/5/18), no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.gal.

