OFERTA DE 8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS
Formarán a brigada contra incendios forestais
O concello de Baños de Molgas fai pública no BOP do 23 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía, do 12 de xuño de 2023.
1. Número e denominación de postos: convenio de colaboración coa consellaría de Medio Rural, 1 xefe/a de brigada, 1 pión/pioa condutor/a de brigada, 3 pións/pioas de brigada e 3 condutores/as de vehículo motobomba.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada, vinculado a programas financiados con fondos europeos (Disposición adicional quinta do Real decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo).
3. Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Bases das convocatorias: poderanse obter nas oficinas municipais e serán diferentes para a brigada e para o vehículo motobomba.
6. Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste edicto no BOP