Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 8 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MANZANEDA

16 Xun 2020

Son para as brigadas contra incendios forestais

O concello de Manzaneda fai público no BOP do 16 de xuño, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación temporal por concurso de:

- Chofer vehículo motobomba (3), contrato por obra ou servizo a tempo completo e duración segundo a subvención concedida.

- Brigada de incendios: un/ha capataz brigada, un/ha pión condutor brigada e tres pións brigada; contrato por obra ou servizo a tempo completo e duración segundo a subvención concedida. As solicitudes para tomar parte nestes procesos selectivos faranse mediante instancia dirixida ao alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9 a 13:30 horas), ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, as bases estarán a disposición dos/as interesados/as, para os efectos de posibles reclamacións, por espazo de quince días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP, na secretaría municipal, en horario de 9 a 13:30 horas, chamando ao teléfono 988 333 043 ou no taboleiro de anuncios da páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es

Volver