OFERTA DE 8 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BALTAR
Son pra auxiliares de axuda no fogar e chófer de máquina rozadora
O concello de Baltar publica no BOP do 5 de xuño dúas convocatorias para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolucións da alcaldía da data 30/05/2017 pra un/ha chófer de máquina rozadora e 7 auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo). A modalidade de contratación son contratos laborais temporais a xornada completa pra obra ou servizo determinado. As duracións dos contratos é de catro meses para a praza de chófer e seis meses para @s auxiliares de axuda a domicilio. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais don de 873,83 €/mes (incluída pppe) para o posto de chófer de máquina rozadora e 471,27 €/mes (incluida pppe) para @s auxiliares de axuda a domicilio. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación no BOP (5/6/17), no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

