OFERTA DE 7 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE ENTRIMO
Son postos laborais temporais para auxiliares de axuda no fogar
Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 19/12/2018:
1.- Número e denominación das prazas: 7 auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo, de luns a domingo, incluídos festivos.
2.- Modalidade de contratación: obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: 6 durante doce meses e 1 para cubrir vacacións.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións totais: salario mínimo interprofesional (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

