OFERTA DE 6 PRAZAS DE POLICÍA LOCAL NO CONCELLO DE OURENSE
5 prazas son por oposición libre e 1 por mobilidade
Por Decreto de Concellaría de Recursos Humanos do 29 de decembro de 2016 e número de rexistro 2016008951 foron aprobadas as bases para a cobertura de 6 prazas de policía local, 5 por oposición libre e 1 por mobilidade, correspondentes á oferta pública de emprego para o ano 2013. O prazo de presentación de solicitudes mediante instancia xeral dirixida ao alcalde no prazo de 20 días naturais comezará ao día seguinte da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOGA) e no Boletín Oficial do Estado (BOE). Ademais dos anuncios anteriores, a convocatoria deberá facerse pública no taboleiro de Edictos do Concello de Ourense e na web municipal. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria se farán públicos no taboleiro de anuncios da corporación e cando proceda segundo a normativa vixente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Se queres descarregar as bases do proceso pica no pdf que está debaixo da fotografía

