Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 6 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTERREI

27 Xun 2022

Formarán a brigada contra lumes forestais

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 25 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutoras/es e 6 pións.

A alcaldía, mediante a resolución do día 21 de xuño 2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutoras/es e 6 pións.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver