Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 5 PRAZAS NO CONCELLO DE COLES

17 Nov 2016

Son para Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Coles fixo pública no BOP do xoves 17 de novembro a convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do decreto da alcaldía con data 14/11/2016 para 5 prazas do posto de auxiliar de axuda no fogar. A modalidade de contratación será laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo, dentro do servizo de axuda a domicilio (SAD). Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato extenderase até o 31/12/2017 (fin de servizo). O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) é de 1.044,14 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións  ás bases de selección ficou establecido en 8 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense (17/11/16), no rexistro xeral do concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34, 32152 Coles).

Volver