Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 5 PRAZAS NO CONCELLO DE BALTAR

07 Xun 2016

Trátase de 5 prazas de auxiliares de axuda no fogar

O concello de Baltar fai unha nova convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 03.06.2016. Trátase de 5 prazas de auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo). A modalidade de contratación será contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado, sendo a duración do contrato deica o 31.12.2016. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais serán de 471,27 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de  5 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver