OFERTA DE 5 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CUALEDRO
Son para catro albaneis, un/ha xefe de obra e un/ha tractorista
O concello de Cualedro fixo pública no BOP do 6 de xuño a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para un/ha xef@ de obra, catro albaneis e un/ha a un tractorista. A alcaldía, mediante resolución do 30 de maio de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha xefe de obra e dous albaneis a tempo completo durante 6 meses, e tamén a un/ha a un tractorista e dous albaneis a tempo completo durante 3 meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar abrindo o pdf que está debaixo da fotografía.

