OFERTA DE 5 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS
Son para a brigada de prevención e defensa contra incendios
O concello de Baños de Molgas fixo público no BOP do 2 de maio a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios 2017, (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural). Os postos ofertados son os seguintes: 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a e 3 pións. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste edicto no BOP (2/5/17).

