OFERTA DE 44 POSTOS DE TRABALLO NA MANCOMUNIDADE TERRAS DE CELANOVA
Formarán brigadas antiincendios forestais nos concellos pertencentes á mancomunidade
Convocatoria para a contratación laboral temporal, a xornada completa, de traballadores/as para o servizo denominado "brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais", ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e os Concellos de Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea, todos eles adscritos á Mancomunidade Terra de Celanova, para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa 2017. Postos en cada concello:
1 xef@ de brigada
4 pións brigadistas
Agás no concello de Verea, que se formarán dúas brigadas, e no Concello de Gomesende, que a brigada estará formada por 1 xef@ de brigada e 3 pións brigadistas. A xornada será de 40 horas semanais, en quendas (incluso noite, domingos e festivos). A duración determinada de 3 meses. O salarios (brutos, incluídos todos os conceptos como rateo depagas extras, vacación, etcétera):
Xef@ de brigada, 1.150 /mes
Pión: 950 /mes
Proceso selectivo e formación: o proceso realizarase para cada concello polo tribunal que se designe, realizándose por este a proposta de selección de titulares e suplentes en función da valoración dos méritos e capacidade segundo as bases aprobadas; o proceso selectivo e formativo anunciarase nos taboleiros de anuncios de cada concello, unha vez que a oficina de emprego remita os preseleccionados para cada posto nas datas, horas e lugares determinados pola comisión seleccionadora. O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais contados
dende o seguinte á remisión pola oficina de emprego dos preseleccionados para cada concello, en horario de atención ao público de 9.00 a 14.00 h. As bases están a disposición do público nas dependencias municipais e na paxina web da Mancomunidade Terra de Celanova. Recursos: contra as bases poderán interpoñerse un recurso
de reposición (1 mes) e o contencioso-administrativo (2 meses).

