Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE 4 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

20 Nov 2019

Son para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 20 de novembro a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: 4.
2.- Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4.- Xornada: 25 horas/semana (luns a domingo, festivos incluídos).
5.- Servizo: Servizos Sociais, Axuda no Fogar do concello de Vilar de Santos.
6.- Sistema de selección: concurso de méritos.
7.- Duración do contrato: ata o 31/12/2020.
8.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 15.00 h.
9.- O texto integro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na paxina web do concello www.vilardesantos.gal

Volver