Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 31 POSTOS DE BOMBEIR@S PARA OS PARQUES DE OURENSE

21 Xan 2017

A empresa VEICAR é a adxudicataria do servizo privatizado de Parques de Bombeir@s de Ourense

A empresa Veicar SL, adxudicataria do servizo privatizado de bombeiros/as provincial, fixo pública no BOP do 21 de xaneiro a convocatoria dun proceso selectivo da para a contratación de 31 postos de bombeiras/os, destinados aos parques da provincia de Ourense:

Prazas convocadas:

- 1 Xefa/e de servizo
- 6 Xefas/es de quenda
- 14 Bombeiras/os
- 10 Bombeiras/os para integrar unha bolsa de contratación temporal para posibles substitucións ou reforzos do servizo.

As bases do proceso de selección están a disposición das/os interesadas/os en www.veicar.com e tamén as podes descarregar premendo no PDF que hai por baixo da foto.

O prazo de admisión de candidatas/os é desde a publicación deste anuncio até o 6 de febreiro de 2017. A información esixida para participar no proceso debe remitirse a rrhh@veicar.com

Volver