OFERTA DE 22 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE ENTRIMO
Son contratos temporais
1º.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 02/06/2020:
1.- Número e denominación das prazas: dúas/dous xef@s de brigada, dúas/dous pións condutoras/es e seis pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa
3.- Duración do contrato: tres meses
4.- Sistema de selección: concurso de méritos
5.- Retribucións totais: xefe de brigada: soldo: 1.250,00 euros/ mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.
Pións forestais e pión condutor/a: soldo: 1.108,33 euros / mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es
2º.-Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 02/06/2020:
1.- Número e denominación das prazas: doce traballadores/as para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.
2.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
3.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

