Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE 20 PRAZAS TEMPORAIS NA MANCOMUNIDADE DE SANTA AGUEDA

07 Xul 2016

Divídense en 15 postos de pións e 5 de pións condutores

A mancomunidade de concellos de Santa Agueda, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 15 postos de traballo de persoal laboral, publica o resumo da convocatoria. Ofertan un total de 20 prazas das cales son 15 postos para pións e 5 para pións condutor@s da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda para o exercicio de 2016 (Convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural). A modalidade de contratación e mediante contrato laboral temporal por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo. A duración dos contratos será de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro xeral da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda, na Pena, s/n- 32101- Vilamarín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Volver